Martes, 31 de Enero de 2012 11:02

PACTO SOCIAL TRAIZÓN SINDICAL

 


 

RACHEMOS COA DIRIXENCIA SINDICAL TRAIDORA

ORGANICÉMONOS PARA A LOITA


 

O día 25 de xaneiro a dirixencia sindical traidora, de CCOO e UXT volveu asinar un acordo lesivo para a clase traballadora. Nesta ocasión un acordo sobre subidas salariais que se sitúa no 0,5% cando o IPC do ano 2010 foi do 2,4% e cunha cláusula de descolgue co que é posible que non se chegue aplicar realmente nin sequera ese 0,5%.


 

Desde o PCPE levamos tempo advertindo que da crise estrutural do Capitalismo non hai saída favorable á clase obreira que non sexa a de enviar ao vertedoiro da historia o sistema de explotación capitalista. Así como que a única saída é a organización e a loita das clases traballadoras na perspectiva do Socialismo. Esta nova volta de porca non fai máis que demostrar a nosa análise.

E é que á burguesía e aos seus sucesivos gobernos non lles preocupan as cinco millóns catrocentas mil persoas sen emprego, non lles preocupa a perda constante de poder adquisitivo do pobo traballador, non lles preocupa que algunha persoa poida atoparse na rúa porque o banco lle roubóu a súa vivenda, non lles preocupa que unha persoa poida non ser atendida nun centro sanitario, non lles preocupa o alto grao de analfabetismo funcional nin o avultado fracaso escolar dos fillos e fillas da clase traballadora, en definitiva non lles preocupa o máis mínimo a miseria á que a grandes zancadas se nos vai levando por que son conscientes de que só así poderán remontar a súa crise. Non debemos esquecer que a burguesía si ten conciencia de clase e está perfectamente organizada.


 

En cambio, a clase traballadora, que durante décadas de loitas organizadas desde o sindicalismo de clase acadara importantes conquistas sociais ve agora como as súas organizacións viran estériles para a loita, cando non cómplices dos retrocesos.


 

Isto é debido en grande medida á influencia da ideoloxía burguesa no seo das organizacións obreiras, que introduciu xa hai demasiado tempo o concepto de Pacto Social e de corresponsabilidade ante a crise. Pero tamén á traizón de toda

unha capa de dirixentes que, acomodados nas estruturas de dirección sindicais actúan desligados dos intereses da clase á que din representar.


 

Só temos que observar o pouco que tardamos, tras as eleccións, en ver como de novo as estruturas confederais de CCOO e UXT acordaron un novo paso atrás nas condicións de vida e de traballo, mentres seguen tendendo a man ao novo goberno para entrar nun novo proceso de concertación social que baixo o paraugas de “polo emprego” todos sabemos o que significará: máis paro e máis salarios de miseria.


 

Todo este escenario lévanos a un calexón sen saída, onde a cada renuncia sindical lle sucede unha nova esixencia patronal e un novo descontento entre os traballadores e traballadoras que miran cada vez con máis receo a todas as organizacións sindicais. Provocando con iso unha enorme dificultade de organización e de loita.


 

Pero hai un camiño para loitar contra as medidas lesivas impostas polos gobernos da burguesía en conivencia cos dirixentes sindicais traidores. O PCPE chama ao conxunto de delegados e delegadas sindicais, a toda a afiliación de todos os sindicatos e aos traballadores e traballadoras en xeral á insubmisión a estes acordos. Chamamos a organizar Comités para a Unidade Obreira (CUO), estruturas asemblearias de base a niveis de empresa e territoriais sen importar a afiliación sindical de cada quen, e que teñan como obxectivo erguer unha mobilización sostida co horizonte da Folga Xeral.


 


 


 

SE ELES ASINAN RETROCESOS

E PAZ SOCIAL

RESPOSTEMOS CON UNIDADE

E LOITA DE CLASES


 

 


 


 


 


 


 

  • Unidad y Lucha
  • Propuesta Comunista
  • R Comunista Internacional
  • Boletín Feminista
  • Documentos

Unidad y Lucha 292

Unidad y Lucha 291

Unidad y Lucha 290

Unidad y Lucha 289

Unidad y Lucha 288

Unidad y Lucha 287

Unidad y Lucha 286

Unidad y Lucha 285

Unidad y Lucha 284

Unidad y Lucha 283

Unidad y Lucha 282

Unidad y Lucha 270

Unidad y Lucha 269

Unidad y Lucha 268

Unidad y Lucha 267

Unidad y Lucha 265

Propuesta Comunista 61

Propuesta Comunista 60

Propuesta Comunista 59

Propuesta Comunista 57

Propuesta Comunista 56

Propuesta Comunista 55

Propuesta Comunista 54

Propuesta Comunista 53

Propuesta Comunista 52

Propuesta Comunista 51

Propuesta Comunista 50

Boletín Feminista 6

Boletín Feminista 5

Boletín Feminista 4

Boletín Feminista 3

Boletín Feminista 2

Boletín Feminista 1