Martes, 21 de Junio de 2011 13:56

A REFORMA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA ABRE A PORTA AOS SALARIOS DE MISERIA

En España durante a ditadura franquista os nosos maiores souberon moi ben o que era traballar por salarios que apenas proporcionaban o sustento básico ás familias. Foi contra esa situación que o sindicalismo de clase, organizado ao redor dunhas Comisións Obreiras aínda clandestinas, lanza a loita que daría como resultado a conquista da Negociación Colectiva. A partir dese momento o traballar comezou aos poucos a significar ter un salario digno sobre todo naqueles sectores onde a loita de clases facíase máis presente no día a día.

En España durante a ditadura franquista os nosos maiores souberon moi ben o que era traballar por salarios que apenas proporcionaban o sustento básico ás familias. Foi contra esa situación que o sindicalismo de clase, organizado ao redor dunhas Comisións Obreiras aínda clandestinas, lanza a loita que daría como resultado a conquista da Negociación Colectiva. A partir dese momento o traballar comezou aos poucos a significar ter un salario digno sobre todo naqueles sectores onde a loita de clases facíase máis presente no día a día.

Hoxe, con todo, no nome da competitividade e coa cobertura do Consenso e o Pacto Social estannos a arrebatar todos os dereitos conquistados pola loita obreira. A última agresión perpetrouse no Consello de Ministros do pasado 10 de xuño contra o dereito á Negociación Colectiva onde entre outras cuestións:

-Limítase gravemente o dereito a Folga, prohibíndose de facto durante a negociación colectiva, desarmando á parte obreira do seu principal método de presión. Sumándose a case obrigación da arbitraxe nos casos de conflito colectivo.

-Regúlase o descolgue salarial do convenio por parte das empresas.

-Poderase priorizar en moitos casos o Convenio de Empresa posibilitando condicións laborais e salariais peores que as pactadas no Convenio Sectorial ou Provincial.


-Atácase o papel do Comité de Empresa, instancia unitaria dos traballadores e traballadoras.

-Acábase coa vixencia indefinida dos convenios mentres non se negocie un novo (ultraactividade), impóndose nos casos de falta de acordo a arbitraxe obrigatoria o que suporá unha perda de dereitos ante a imposibilidade da parte obreira de desenvolver unha presión efectiva durante a negociación.

Ante este novo atraco aos nosos dereitos non existe escusa. Non é certo que hoxe sexa máis difícil loitar, non é certo que hoxe a clase obreira teñamos algo máis que perder que as nosas cadeas. Obxectivamente o Capitalismo necesita para saír da súa crise estrutural unha maior sobreexplotación da forza de traballo ou dito doutro xeito necesita que menos persoas traballen máis cobrando menos.
Ante iso podemos resignarnos e crer a quen nos piden un esforzo na promesa dun Capitalismo futuro máis humano esquecéndose e ocultando, a verdadeira natureza do mesmo, ou podemos unirnos e organizarnos para loitar polos nosos intereses como clase crebando desde o seu interior o sectarismo e a miopía das organizacións sindicais que, por activa ou pasiva, móstranse incapaces de organizar a resposta unitaria e contundente que necesita a patronal e os seus gobernos.

O PCPE chama por todo iso a organizar a loita desde a base, a crear Comités para a Unidade Obreira, porque só a clase organizada poderá frear os ataques dun capital desapiadado e cruel que sabe que só sobre a nosa miseria pode aspirar a saír da súa crise sistémica. Un combate por uns dereitos que os comunistas sabemos que só no Socialismo e o Comunismo estarán plenamente asegurados pero polos que debemos loitar hoxe.


¡CONTRA OS ATAQUES DO CAPITAL UNIDADE E LOITA OBREIRA!

19 de Xuño de 2011

 

  • Unidad y Lucha
  • Propuesta Comunista
  • R Comunista Internacional
  • Boletín Feminista
  • Documentos

Unidad y Lucha 292

Unidad y Lucha 291

Unidad y Lucha 290

Unidad y Lucha 289

Unidad y Lucha 288

Unidad y Lucha 287

Unidad y Lucha 286

Unidad y Lucha 285

Unidad y Lucha 284

Unidad y Lucha 283

Unidad y Lucha 282

Unidad y Lucha 270

Unidad y Lucha 269

Unidad y Lucha 268

Unidad y Lucha 267

Unidad y Lucha 265

Propuesta Comunista 61

Propuesta Comunista 60

Propuesta Comunista 59

Propuesta Comunista 57

Propuesta Comunista 56

Propuesta Comunista 55

Propuesta Comunista 54

Propuesta Comunista 53

Propuesta Comunista 52

Propuesta Comunista 51

Propuesta Comunista 50

Boletín Feminista 6

Boletín Feminista 5

Boletín Feminista 4

Boletín Feminista 3

Boletín Feminista 2

Boletín Feminista 1