COMUNICADO DE PRENSA DO PCPE
COMUNICADO DE PRENSA DO PCPE
O Partido Comunista dos Pobos de España non aceptará ningunha medida que
impida a súa presencia nas Eleccións Xerais convocadas para o día 20 de novembro.
O PCPE presentóu un segundo escrito á Xunta Electoral Central, esixindo unha
resposta á cuestión sobre a forma de recoller as sinaturas do un por mil do censo en cada provincia, como
novo requisito aprobado polo Congreso dos Deputados para a concurrencia dos partidos políticos sen
representación parlamentaria.
A falla de regulación deste procedimento coloca ao PCPE, e a outras organizacións sen representación
parlamentaria, nunha posición de desvantaxe á hora de desenvolver a campaña electoral. Dificultade que se
suma á xa restritiva normativa electoral existente, que sempre favorece ao sistema do bipartidismo neste
país.
O PCPE expresa a súa firme determinación de estar presente nas Eleccións Xerais do 20N no máximo de
circunscricións posibles, e non aceptará nengunha medida-trampa que poida limitar este dereito a presentar
as súas propias candidaturas alá onde a súa organización teña capacidade para iso.
O PCPE chama ao pobo traballador a apoiar coa súa sinatura o dereito do Partido Comunista a estar
presente nas eleccións do 20N, subscribindo os pregos que a tal fin xa teñen as súas organizacións locais.
A continuación reprodúcese o texto do escrito dirixido á Xunta Electoral Central o pasado día 4 de agosto:
CARMELO SUÁREZ CABRERA, Secretario Xeral do PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA, con todas as facultades
estatutarias para actuar en representación da dita organización, con domicilio a efectos de notificacións na rúa Carretas nº 14, 6º G-
1, 28012, ante esa Xunta Electoral EXPÓN:
Que con data de 11 de xullo do ano en curso presentóu escrito de consulta a esa Xunta Electoral, no que se lle solicitaba
información sobre o procedimento de recollida de firmas para a presentación ás Eleccións Xerais, por parte dos partidos que na
actualidade non teñen representación parlamentaria.
Que a día de hoxe o Presidente do Goberno anuncióu oficialmente a celebración de Eleccións Xerais, adiantadas, para o
día 20 de novembro do ano en curso.
Que esa Xunta Electoral non contestóu ata a data a consulta realizada polo Partido ao que represento
Que esta situación xa coloca ao PCPE en situación de desvantaxe con respecto a outras organizacións políticas, que xa
están organizando a súa axenda electoral con perfecto coñecemento dos requisitos que se lles esixen para concurrir ás
mencionadas eleccións.
Que, xa que logo, á antidemocrática decisión tomada no seu día polo Congreso dos Deputados de aprobar a reforma da
LOREX que impón o requisito da recollida de firmas para os partidos sen representación parlamentaria, engádese un novo e
arbitrario obstáculo ao impedir ao PCPE planificar a súa axenda electoral coa mesma antelación que outros partidos políticos, por
descoñecer en termos precisos determinados requisitos que debe formalizar para concurrir á vindeira convocatoria electoral.
Que o PCPE esixe unha solución a esta cuestión no sentido de que dito trámite teña por finalidade demostrar a existencia
de estrutura organizativa e base militante. É dicer, que a recollida de sinaturas sexa realizada polos seus militantes, quen, en
calidade de fedatarios/as, han de ter a atribución de certificar a autenticidade das firmas presentadas. Pois a esixencia doutros
mecanismos –ao estilo das Agrupacións de Electores- o único que viría a por de manifiesto sería a capacidade económica do
Partido, e non a sua estrutura organizativa e a súa base militante, que entendemos é o sentido da restritiva reforma mencionada.
Que, en calquera caso, o PCPE defenderá -en todas as instancias que proceda-,o seu dereito a concurrir a estas
eleccións coa única e directa firma do 0,1% do censo recollidas polos seus militantes.
Que aos efectos de resolver esta situación, coa certidumbre necesaria, o PCPE reclama a máis inmediata resposta á
consulta presentada no seu día, e que sexa resolta no sentido máis arriba indicado.
Madrid a 4 de agosto de 2011
Asdo. Carmelo Suárez Cabrera
Secretario Xeral do PCPE


































