Lunes, 05 de Septiembre de 2011 19:04

DECLARACIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE ANTE A AGRESIÓN IMPERIALISTA CONTRA LIBIA


Ante a cadea de sucesos que acontecen na República Árabe Libia co avance das forzas cipaias da OTAN até a mesma Trípoli e os permanentes crimes de guerra e matanzas indiscriminadas contra a poboación civil , o Partido Comunista dos Pobos de España denuncia:

 

1. carácter imperialista da intervención en Libia.

 

Os supostos rebeldes, os bombardeos humanitarios da OTAN, a intervención directa de grupos de elite dos exércitos da OTAN vulnerando a súa resolución 1973 do Consello de Seguridade da ONU, a propaganda de guerra distribuída polos medios de masas e o papel lexitimador da intervención de diversos axentes políticos e sociais, forman parte da mesma folla de ruta do imperialismo destinada a sustituir a República Árabe por un goberno pro-occidental na OPEP e no Mediterráneo que suministre enerxía moi barata ás decadentes economías imperialistas. Na súa infinita hipocrisía, os gobernos imperialistas e os seus lacaios árabes, non dubidaron un instante en vulnerar as súas propias resolucións, facilitando inxentes subministracións militares e até participando con forzas especiais na guerra.

 

2. Os crimes de guerra da OTAN e as súas tropas mercenarias.

 

Á marxe da propaganda de guerra, e grazas a medios independentes dos grandes monopolios da información, coñeceuse de innumerables bombardeos de hospitais, escolas, infraestruturas civís e zonas residenciais por parte dos exércitos da OTAN. Igualmente coñeceuse das torturas, execucións sumarias, e crimes raciais e sexuais por parte das tropas mercenarias da OTAN, co único fin de crebar a resistencia e vontade de loita do pobo libio.
3. O carácter imperialista das instituciòns internacionais e as súas leis.

 

A ONU e o seu Consello de Seguridade, o Tribunal Penal internacional e o corpo legal sobre o que se sustenta, só serven aos intereses do imperialismo, xustifican as súas guerras de saqueo e rapiña e lexitiman calquera crime, á vez que proscriben calquera goberno ou movemento popular que non se somete aos designios imperiais.
4. O papel de España como cómplice e executor de crimes de guerra.

 

O Reino de España é responsable directo da criminal agresión contra Libia, facilitou medios militares, propagandísticos e financeiros á agresión, á vez que manifestou o seu apoio político e financeiro aos mercenarios libios a cambio de que os monopolios españois poidan participar no futuro saqueo dos recursos enerxéticos do país. Novamente, o goberno español de turno ponse ao servizo da oligarquía, defendendo os seus intereses por encima de calquera outra consideración.
5.O papel do reformismo e o oportunismo como xustificadores da agresión imperialista.
Desde o mesmo inicio das operacións militares da denominada "oposición", sectores e organizacións políticas do noso país, encadradas no reformismo e en posicións de ultraesquerda, plantexaron unha posición morna fronte á estratexia imperialista, cando non xustificadora da mesma. A asunción, por parte de organizacións que se denominan comunistas ou anticapitalistas, de posicións intermedias máis ou menos cubertas de retórica antiimperialista, favorece ás potencias agresoras, as xustifica e axuda a incrementar a confusión entre a clase obreira e os sectores populares.

 

6. O estado de guerra permanente contra os pobos ao que o imperialismo nos pretende someter.
O capitalismo, na súa senil fase imperialista, require da guerra para apropiarse de cantos recursos necesite, a súa voracidade non ten límites e só pode conducir á extinción da humanidade. Despois de levar a morte a todos os recunchos do mundo como Afganistán, Iraque, Líbano ou Honduras, o imperialismo ataca Libia, e ten a súa mirada posta sobre os pobos de Siria, Cuba, Irán, Venezuela ou Bolivia. É unha guerra global e total contra os pobos.

 

Ante isto, o PCPE non pode ter outra posición que a súa frontal oposición a toda forma de intervención e guerra que teña como obxectivo someter e expoliar aos pobos, por iso o PCPE manifesta:
1. Que nin o alzamento militar contra o Goberno Libio, nin calquera réxime que xurda deste acto de guerra, ten ningunha lexitimidade, en ningún caso responde os intereses nin vontade do pobo libio, só corresponde aos intereses do imperialismo dos EEUU e a UE.

 

2. Reiteramos o noso compromiso en defensa dos pobos. A nosa oposición a calquera acto de guerra de saqueo e inxerencia, máis aínda se as agresións se dirixen contra aqueles pobos que se manteñen firmes en defensa da súa independencia, non é unha simple manifestación formal, senón que se basea nos principios do internacionalismo proletario.

 

3. Chamamos ao conxunto de forzas antiimperialistas do mundo a aumentar os esforzos para a construción dunha Fronte Mundial Antiimperialista, en defensa da humanidade, pola paz e o progreso.

 

4. É imprescindible hoxe para os pobos de Europa coordinar e multiplicar as loitas contra a OTAN. A coordinación dos Partidos Comunistas e Obreiros en Europa é un paso fundamental para a articulación dunha resposta contundente que nos permita superar a UE e a OTAN, estruturas creadas só para defender os intereses do capitalismo.

 

 


5. O PCPE reitera que hoxe non caben posicións ambiguas, só desde a frontal oposición ao imperialismo, ás súas estruturas políticas e militares, só desde a frontal oposición ás políticas guerreiristas do imperialismo, poderemos superar o capitalismo. Nin a OTAN nin a UE son reformables, nin o capitalismo é humanizable.

 

Hoxe estase escribindo unha nova páxina da infamia do capitalismo, quen alentan, apoian ou escusan a barbarie deberán responder os seus pobos. Mañá os mísiles poden caer sobre Damasco, Caracas ou Teherán, só a acción decidida, a mobilización permanente pola paz, contra o imperialismo e o capitalismo deterá a barbarie.

 

Contra a barbarie e a guerra, pola paz e o progreso!
Nin OTAN nin UE, avancemos cara ao Socialismo!

 

Madrid, 1 de setembro de 2011

  • Unidad y Lucha
  • Propuesta Comunista
  • R Comunista Internacional
  • Boletín Feminista
  • Documentos

Unidad y Lucha 292

Unidad y Lucha 291

Unidad y Lucha 290

Unidad y Lucha 289

Unidad y Lucha 288

Unidad y Lucha 287

Unidad y Lucha 286

Unidad y Lucha 285

Unidad y Lucha 284

Unidad y Lucha 283

Unidad y Lucha 282

Unidad y Lucha 270

Unidad y Lucha 269

Unidad y Lucha 268

Unidad y Lucha 267

Unidad y Lucha 265

Propuesta Comunista 61

Propuesta Comunista 60

Propuesta Comunista 59

Propuesta Comunista 57

Propuesta Comunista 56

Propuesta Comunista 55

Propuesta Comunista 54

Propuesta Comunista 53

Propuesta Comunista 52

Propuesta Comunista 51

Propuesta Comunista 50

Boletín Feminista 6

Boletín Feminista 5

Boletín Feminista 4

Boletín Feminista 3

Boletín Feminista 2

Boletín Feminista 1