Sábado, 05 de Noviembre de 2011 02:03

PROGRAMA ELECTORAL DO PCPE

 PROGRAMA ELECTORAL DO PCPE

ELECCIÓNS XERAIS 20N 2011

1. A crise estrutural do capitalismo conduce á escravitude e á barbarie.

O capitalismo, como formación socio-histórica, xa nada ten que achegar á humanidade. Por iso no futuro, e até a revolución socialista, as condicións de vida do pobo traballador serán de maior explotación e pobreza neste sistema. O grao de esgotamento histórico do capitalismo impídelle manter os consensos sociais mediante a distribución dunha parte do excedente, como deu feito no pasado.

 

A primacía do sector financeiro-especulativo sobre o produtivo é irreversible. O imperialismo é capitalismo parasitario (Lenin), e a historia non camiña cara atrás. Unha reducida oligarquía mundial enfróntase violentamente a toda a humanidade. Por iso este sistema tende á reacción no económico, cultural, moral, etc.

 
Nesta crise estrutural, sen saída dentro do capitalismo, intensifícase máis a explotación da clase obreira, condénase a masas crecentes de traballadores e traballadoras ao desemprego e á exclusión social; liquídase todo dereito social e recórrese á militarización, á guerra imperialista permanente, e ao espolio criminal dos recursos dos pobos, como estratexia para tratar -inutilmente- de apontoar o sistema.
 
A UE, imperialista e reaccionaria, rescata e axuda aos monopolios, facilitándolles a explotación extrema da forza de traballo e entregándolles todos os recursos dos nosos pobos. 
 
No capitalismo non hai futuro para a clase obreira, nin para os traballadores e traballadoras en xeral. O sistema conduce á barbarie e a formas de escravitude extremas. A agudización das contradicións define a época como a era de transición do capitalismo ao socialismo. 

2. A loita da clase obreira internacional contra a crise capitalista
 
O ataque do capitalismo contra os dereitos dos traballadores e traballadoras é internacional e xeneralizado; por iso, é necesaria a loita coordinada da clase obreira internacional e dos pobos de todo o mundo para plantar cara e avanzar cara a outro modelo de sociedade. As organizacións internacionais da clase obreira, como a Federación Sindical Mundial (FSM), teñen un papel fundamental nesta loita. Tamén é imprescindible, e urxente, un maior grao de coordinación comunista internacional que permita que a clase obreira poida golpear, simultaneamente e en todo lugar, aos intereses do inimigo de clase.
 
Grecia constitúe hoxe o elo máis débil da cadea imperialista europea. As sucesivas medidas de axuste están a producir unha crecente agudización da loita de clases nese país, onde a clase obreira, ben organizada, combativa e con orientación revolucionaria, está a incrementar a súa capacidade de resposta e tomando consciencia da necesidade dun cambio radical no modelo socioeconómico. 
 
Non é suficiente con repeler os ataques concretos da patronal, en alianza co goberno de turno, senón que hai que pasar á ofensiva no noso país, en Europa e no mundo enteiro, contra un sistema moribundo.

3. Balance da xestión gobernamental da crise estrutural desde 2007
 
Todas as medidas do goberno Zapatero obedeceron a un claro interese de clase: o programa de recortes sociais exposto en maio de 2010, a contrarreforma laboral, o recorte das pensións públicas, a negación do dereito á negociación colectiva, o rescate do sector financeiro con diñeiro público e a privatización das Caixas de Aforros, entre outras, son medidas contra a clase obreira, ningunha delas contra o capital.
 
No Estado Español o bloque dominante, formado pola alianza da oligarquía centralista e as distintas burguesías nacionais, é o beneficiario de todos os plans de axustes sociais e laborais. Seguindo os ditados do FMI e da UE, a clase traballadora é quen paga a crise. Se a crise é do capitalismo, por que temos que ser os/as traballadoras e os sectores populares quen a paguemos?.
 
Demóstrase con claridade a falsidade de considerar ao goberno do PSOE como socialista e defensor dos intereses e necesidades do pobo. O PSOE e o PP son os xestores políticos que utiliza o gran capital para -coa complicidade necesaria do reformismo político, sindical e social- desenvolver unhas medidas económicas, sociais e laborais que procuran facer desaparecer todos os nosos dereitos. Dereitos acadados mediante a loita obreira e popular, sen a cal os perderemos un tras outro. Buscar saídas sociais dentro do capitalismo é hoxe un engano máis.
 
Cinco millóns de persoas en paro, 1.400.000 fogares con todos os seus membros activos sen traballo, dez millóns en situación de pobreza, un paro maior do 50% entre a poboación xoven, salarios de miseria á poboación feminina, cento cincuenta desafiuzamentos diarios de familias obreiras, á vez que se gastan miles de millóns de euros en armamento ao día, intensifícase o estado policial, aumenta a riqueza da oligarquía e os beneficios dos monopolios, etc. Esa é a realidade do capitalismo español que temos que destruír, pois será así no futuro con calquera dos gobernos da oligarquía neste sistema explotador.
 
4. As estratexias da oligarquía española nestas eleccións de 2011.
 
A crise estrutural do capitalismo leva á creba inevitable a economías como a española, onde a oligarquía inseriuse no proceso mundial de financeirización económica, baixo a tutela da UE, a OTAN, o BCE ou o FMI.
 
O esgotado goberno de ZP non estaba xa en condicións de aplicar os novos axustes que necesita o capital. Para levar adiante esta impopular tarefa, adiántanse as eleccións, e a oligarquía opta por un novo goberno burgués -previsiblemente do PP- para executar a parte máis agresiva do plan de axuste que se está a ditar polo FMI e o BCE.
 
Nova subida do IVE, copago sanitario, recortes salariais e de pensións, despedimento de empregados públicos, máis privatizacións, recortes en sanidade, educación, servizos sociais, cultura, ... son as medidas que o capitalismo necesita desenvolver no seu intento desesperado de superar a crise.
 
A oligarquía é unha exigua minoría en contra da gran maioría. Para manter o consenso social que lles permita perpetuar o seu parasitario modo de vida utilizarán toda a violencia e recursos ao seu alcance. Mesmo considerarán a conveniencia de formar un “goberno de unidade nacional” que dea cobertura política a estes ataques e que criminalice todo intento de loita obreira. A resposta necesaria será levantar unha forte e ampla loita obreira e popular contra estas medidas, sen darlles respiro. O PCPE será a organización capaz de liderar esa loita sen concesións. 
 
5. A necesidade dunha resposta revolucionaria ás estratexias da oligarquía española
 
A oligarquía desenvolve todo tipo de estratexias para evitar que o movemento obreiro tome a iniciativa nesta crise. O pacto social (pacto capital-traballo), é a ferramenta principal que permitiu, até agora, manter a paz social mentres se aplican as políticas de axuste. Tamén unha forte campaña ideolóxica que ten como fin desprestixiar o socialismo-comunismo como a saída posible e necesaria a esta crise. Refórzanse todas as estratexias de control social con vixilancia universal e reforzamento do estado policial. O fundamental, para a oligarquía, é impedir que a loita de clases se manifeste de maneira explícita, con iniciativa á ofensiva da clase obreira e as súas organizacións.
 
O reformismo de esquerdas forma parte desta estratexia. Confunde á clase obreira e aos sectores populares, ofrecendo medidas de reforma do sistema para superar a crise, e non plantexa a toma do poder pola clase obreira e a revolución socialista. Este reformismo atopa sustento entre sectores da pequena burguesía e fraccións da clase obreira con débil conciencia de clase, que defenden o ideal dun capitalismo superador da loita de clases. EU-PCE, o Partido da Esquerda Europea (PEE), etc., fundamentalmente, representan esta liña política
 
A clase obreira, co seu Partido á cabeza, debe desenvolver unha política de alianzas que articule unha Frente Obreira e Popular sobre a base do avance do noso país cara á revolución socialista, composta pola clase obreira organizada, sectores populares, pequenos produtores e autónomos, a quen o capitalismo xa nada ofrecerá no próximo futuro, senón maior explotación e empobrecimento 

6. Propostas programáticas:
 
6.1. Programa estratéxico da Frente Obreira e Popular
6.1.1. Proclamación da República Socialista de carácter confederal. Exercicio do dereito de autodeterminación.
6.1.2. Planificación central da economía
6.1.3. Nacionalización da banca.
6.1.4. Paralización das privatizacións e rescate das empresas privatizadas (Endesa, Iberia, Telefónica, Sanidade, Educación, ...) 
6.1.5. Nacionalización, e control obreiro, dos sectores estratéxicos da economía: produción industrial, telecomunicacións, reforma agraria, sector financeiro, enerxético, etc.
6.1.6. Redución do gasto militar, limitado só a necesidades de defensa do país. Exército de milicias populares.
6.1.7. Sistema educativo exclusivamente público, gratuíto e laico, incluso o nivel universitario. Plan Nacional de educación.
6.1.8. Plan estratéxico de igualdade de xéneros e de erradicación da violencia patriarcal, co obxectivo da destrución das bases materiais e ideolóxicas do patriarcado.
6.1.9. Incorporación masiva da poboación nova ao mundo do traballo.
6.1.10. Plan integral de xestión ambiental do país. Modelo de desenvolvemento de xestión dos recursos ao servizo do pobo e en harmonía coa Natureza.
 
6.2. Programa táctico da Frente Obreira e Popular 
6.2.1. Anulación contrarreformas laborais.
6.2.2. Reforzo da negociación colectiva. Cara á unidade sindical de clase.
6.2.3. Salario Mínimo Interprofesional 1.200 euros.
6.2.4. Idade de xubilación aos 60 anos.
6.2.5. Xornada laboral de 35 horas semanais sen redución de salario
6.2.6. Igualdade salarial para a muller. Promoción na formación e no emprego. Supresión de toda discriminación laboral.
6.2.7. Plan especial de emprego xuvenil.

 

 

 

 

 

6.2.8. Subsidio de paroindefinido.

6.2.9. Garantía de servizos básicos, luz e auga, en situacións de paro e/ou precariedade.

6.2.10. Nin unha hipoteca executada pola banca, moratoria en situacións de precariedade e devolución das vivendas subastadas.

6.2.11. Estado laico. Separación total de Igrexa e Estado. Anulación do Concordato. Pago de impostos, incluídos os municipais, pola Igrexa. Eliminación das subvencións á educación relixiosa. 

6.2.12. Pola saída da UE e a OTAN. Unidade das forzas revolucionarias europeas con estas propostas centrais.
6.2.13. Reforma fiscal. Gravames sobre grandes fortunas, SICAV, capital especulativo ... máis impostos aos ricos. Control e erradicación dos paradisos fiscais.
6.2.14. Liberdade sexual e aborto libre e gratuíto. Eliminación da obxección de conciencia en centros sanitarios públicos.
6.2.15. Servizos públicos gratuítos que presten asistencia ampla en saúde sexual e reprodutiva.
6.2.16. Asistencia sanitaria gratuíta e universal, con cobertura total en todos os ámbitos (dental, auditiva, visual, etc.)
6.2.17. Repartición de todo o traballo social: de coidados e reprodución. Servizos públicos gratuítos: escolas infantís, gardarías, residencias de anciáns...
6.2.18. Protección total da infancia, persoas anciás e persoas con discapacidade.
6.2.19. Anulación do Plan Boloña. Educación non mercantilizada.
6.2.20. Eliminación de subvencións ao ensino privado e desaparición da concertada financiada con diñeiro público.
6.2.21. Ensino público, gratuíto, igualitario, antipatriarcal, laico e de calidade. 
6.2.22. Axudas fiscais e crediticias para pequenos propietarios e autónomos.
6.2.23. Derrogación inmediata da Lei de Partidos, da Lei de Estranxeiría, da Lei Antiterrorista, e doutras leis de especial violencia contra os dereitos do pobo.
6.2.24. Democratización do sistema xudicial e depuración dos corpos de policía. Disolución da Garda Civil.

 

 

 

 

TODO PARA A CLASE OBREIRA

VOTA PCPE

  • Unidad y Lucha
  • Propuesta Comunista
  • R Comunista Internacional
  • Boletín Feminista
  • Documentos

Unidad y Lucha 292

Unidad y Lucha 291

Unidad y Lucha 290

Unidad y Lucha 289

Unidad y Lucha 288

Unidad y Lucha 287

Unidad y Lucha 286

Unidad y Lucha 285

Unidad y Lucha 284

Unidad y Lucha 283

Unidad y Lucha 282

Unidad y Lucha 270

Unidad y Lucha 269

Unidad y Lucha 268

Unidad y Lucha 267

Unidad y Lucha 265

Propuesta Comunista 61

Propuesta Comunista 60

Propuesta Comunista 59

Propuesta Comunista 57

Propuesta Comunista 56

Propuesta Comunista 55

Propuesta Comunista 54

Propuesta Comunista 53

Propuesta Comunista 52

Propuesta Comunista 51

Propuesta Comunista 50

Boletín Feminista 6

Boletín Feminista 5

Boletín Feminista 4

Boletín Feminista 3

Boletín Feminista 2

Boletín Feminista 1